
Non era de estranar que España ía gañar fronte a feble selección do microestado de San Marino. Os goles eran os necesarios para ser primeiros de grupo se Serbia erraba ante Bosnia, empatando ou perdendo... Pero non foi así. Os serbios fixeron ben os seus deberes gañando por 1-0 ante os bosnios. España quedou así segunda de grupo con 20 puntos, e tendo que disputar a repesca. Por sorte, a selección foi encadrada como cabeza de grupo, e non terá que enfrontarse ante a República Checa ou Turquía. Na repesca, poden tocar tres rivais:
Noruega (o cal xa eliminaron na anterior repesca para a Eurocopa 2004 de Portugal),
Suíza (unha nación emerxente no panorama futbolístico, cun galego no vestiario, Ricardo Cabanas, xogador do Grashoppers) e
Eslovaquia (un rival descoñecido, pero que por méritos propios está a facer grandes cousas).
O partido transcourreu con facilidade no estadio Olímpico de San Marino. Aínda así, puideron entrar moitos máis goles, se Federico Gasperoni non o evitase... Estreouse coma goleador na selección
Antonio López, cun trallazo coa esquerda dende fóra da área.
Sergio Ramos continuou coa goleada, estreándose por partida dobre, e "
O Neno" fixo un
hat trick para completar o
6-0. Ó longo do partido, todas as miradas estaban postas no Pequeno Maracaná de Belgrado, onde, un vermellibranco (
Mateja Kezman), acaba coas esperanzas de non ir á repesca. Agora toca esperar... Que selección será?
0 comentarios